O escrutinio deulle á Confederación Intersindical Galega 66 votos, o que supón un 80% de apoios. A candidatura de CCOO, o outro sindicato que participaba nestas eleccións, obtivo 13 votos, o que representa un 15% de apoios.
Traducidos estes votos a delegados, a CIG conseguiu tres dos catro representantes que se escollían neste proceso para o Comité de Empresa, o que sumado aos tres que xa tiña, supón a consolidación da maioría absoluta da central nacionalista.
“Os delegados da CIG de Cyrgasa agradecemos a ampla participación e máis o apoio masivo dos traballadores/as. Estes resultados confirman a nosa liña sindical e ratifican o bo traballo realizado polo noso sindicato”, sinalan nun comunicado.
Resultado das eleccións
|
|
Votos |
% votos |
Delegados electos |
TOTAL COMITÉ |
|
CIG |
66 |
80 |
3 |
6 |
|
CCOO |
13 |
15 |
1 |
3 |
|
Brancos |
2 |
|
|
|
|
nulos |
1 |
|
|
|
|
Total |
82 |
100 |
4 |
9 |