A federación de Químicas e Enerxía sumou tres representantes no comité de empresa fronte aos dous que contabilizou a UGT. Dos 83 votos emitidos, a central nacionalista sumou un total de 46, mentres que o sindicato español obtivo 23. Tamén se contabilizaron 11 votos en branco e tres nulos.
Dende a CIG-Químicas amosaron a súa satisfacción polo resultado dos comicios e agradeceron o apoio recibido por parte do cadro de persoal da firma dedicada á elaboración de produtos farmacéuticos, sobre todo no colexio de especialistas e non cualificados.