Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 16/2/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner

Contra os despedimentos
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais.
Cos berros de “Subrogación cos mesmos dereitos”, e acompañados de chifres e moitos ruídos, as e os participantes desta mobilización decidiron cortar o tránsito, mentres repartían panfletos entre a cidadanía dando a coñecer a súa situación. (Fotos: ©galizacig.com 15/02/2008).

Pasadas ás doce da mañá tiña lugar unha nova concentración no céntrico cruce de Colón na rúa de Vigo, diante da sucursal central da Oficina Santander, para denunciar a situación que están a vivir as traballadoras e traballadores de limpeza destes centros de traballo.

Cos berros de “Subrogación cos mesmos dereitos”, e acompañados de chifres e moitos ruídos, as e os participantes desta mobilización decidiron cortar o tránsito nesta zona do centro de Vigo, mentres repartían panfletos entre a cidadanía dando a coñecer a súa situación.

"Non respectan o noso convenio"

As traballadoras e traballadores da empresa Cliner que realizan o servizo de limpeza nas distintas sucursais do Banco Santander Central Hispano das provincias de Pontevedra e Ourense mobilizáronse este venres 15 de febreiro de novo porque a empresa Cliner “non respecta o noso convenio colectivo, despedindo a catro traballadores/as e reducindo nun 50% a xornada de traballo a outros cincuenta compañeiros e compañeiras”.

A mobilización, convocada conxuntamente por CIG, CCOO e UGT, non será a última que terá lugar na cidade de Vigo, xa que “de continuar con esta actitude Limpezas Cliner continuaremos coas mobilizacións, até que se respecten os dereitos dos traballadores e traballadoras”.

cig.prensa@galizacig.com