Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 16/2/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: Bilbao : : exilio : : Exposición : : fesga : : Venezuela :

A exposición "O exilio galego en Venezuela" chega á Bilboko Burtsa

A mostra poderase visitar do 16 ao 20 d febreiro en Bilbao
A exposición "O exilio galego en Venezuela" pódese visitar dende o día 16 até o 20 de febreiro na Bilboko Burtsa, Yohn jauregia. A exposición, da autoría do investigador e especialista no exilio en Venezuela, Xurxo Martínez Crespo, está editada pola Fundación para o Estudo e a Divulgación Social e Sindical en Galiza, Fesga, e organizada pola Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo coa colaboración de Raúl Río.

A mostra, que está composta por 19 paneis de gran formato, narra a chegada do exilio galego a Venezuela dende os primeiros exiliados vascos, pasando pola fundación do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), primeira organización armada en loita contra a ditadura franquista que realizou o primeiro secuestro con fins políticos da historia da humanidade: o do barco de pasaxeiros portugués Santa Maria en 1961.

A exposición, a través de máis de 100 imaxes e un traballo de anos de procura e colleita de información, fai fincapé nos gobernos progresistas venezolanos de 1945 a 1949, Xunta Revolucionaria presidida por Rómulo Betancourt e o goberno progresista do escritor Rómulo Gallegos en 1948 quen, á súa vez, viviu entre 1934 a 1936 exiliado en Beluso, Galiza.

Betancourt e Gallegos romperon relacións diplomáticas coa ditadura de Franco e recoñeceron a legalidade republicana. "O exilio galego en Venezuela" rende homenaxe aos políticos venezolanos que apoiaron o exilio vasco e galego, os diplomáticos republicanos coma o lucense Jesús Vázquez Gayoso que dende o seu posto de cónsul da República en Caracas realiza mil xestións para liberar os centos de inmigrantes irregulares do Estado español que escapaban da ditadura e que eran internados no campo de concentración para estranxeiros de Guasina.

A exposición chega aos descendentes dos exiliados que participaron nas loitas guerrilleiras dos anos 60 e á súa participación na actual revolución bolivariana.

Novas relacionadas

cig.prensa@galizacig.com