Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 16/2/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Xornada de paros en Eurocen en contra da modificación da xornada e os horarios

As traballadoras e traballadores tamén realizan concentracións diante das oficinas da empresa de telemarqueting
Os traballadores e traballadoras de Eurocen están desenvolvendo este mércores unha xornada de paros en contra da decisión unilateral da empresa do telemarketing de proceder á modificación da xornada e os horarios de máis de 300 traballadores/as.

Os paros convocados polo Comité (CGT, CIG, CCOO, USO e UGT)  teñen unha hora de duración, e desenvólvense entre as 12:00 e as 13:00 horas na quenda de mañá e das 18:00 ás 19:00 horas na quenda de tarde. Así mesmo, o persoal está realizando concentracións diante das portas do edificio no que están instaladas as oficinas de Eurocen en demanda do cumprimento dos acordos asinados.

A intención da empresa, segundo denuncia o Comité, é a de deixar de aplicar o calendario laboral anual e poder modificalo cando “as necesidades do servizo” así o requiran. Con esta decisión, Eurocen está a romper os acordos acadados coa representación dos traballadores/as. Grazas a estes acordos, explican, o persoal pode coñecer os seus horarios e as libranzas de todo o ano.

Na plataforma de Eurocen na Coruña traballan unhas 950 persoas que maioritariamente secundaron os paros desta xornada.

cig.prensa@galizacig.com