Continuando co calendario de mobilizacións en contra do proceso de privatización da sanidade que o goberno galego vén de iniciar, traballadores e traballadoras da sanidade iniciaban na mañá deste martes o peche de 24 horas convocado no Hospital Xeral de Vigo. Con esta nova protesta, que está sendo un éxito de participación e conta coa implicación de todo o persoal, quérese amosar o rexeitamento á privatización da sanidade e visibilizar a loita pola defensa dunha sistema sanitario público e de cualidade.
Dende a CIG-Saúde de Vigo lembran a todas as persoas que queiran participar na distribución de anuncios de cara a manifestación do vindeiro 25 de marzo, poden xa pasar a recoller o material.
O peche permanecerá activo na entrada do Hospital Xeral de Vigo até ás once da mañá do mércores 17 de marzo. A próxima mobilización prevista contra a privatización da sanidade terá lugar o 22 de marzo e consistirá nunha concentración diante do Concello de Vigo, a partir das 10:30 horas.