Dende a central nacionalista lembran que na instalación “prestábase un servizo satisfactorio os usuarios e non fora inaugurada hai tanto tempo polos mesmos que agora deciden pechala”. Do mesmo xeito, critican a falta de información sobre o proceso, aínda que aseguran non estar sorprendidos “tendo en conta que nin os propios/as profesionais que prestan servizo no centro aínda non saben cal vai ser a súa ubicación no Hospital de Verín”.
Fronte a isto esixen a convocatoria dunha xuntanza de traballo entre todos os sectores implicados para abordar o problema e censuran a actitude do Goberno local. “O alcalde da vila, que tamén e senador do PP, mantense totalmente pasivo, xustifica a falcatruada e esquece protexer os dereitos dos veciños/as que o votaron”.