Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 16/7/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Comisión de Centro de Especializada do CHUAC denuncia os recortes orzamentarios que padece o Complexo Hospitalario coruñés

O peche de camas e a falta de profesionais en numerosos servizos están a provocar unha importante diminución da calidade asistencial
A Comisión de Centro de Especializada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) amosou o seu rexeitamento e a súa fonda preocupación polos importantes recortes orzamentarios que está a sufrir o Complexo Hospitalario, que traerán como consecuencia unha importante diminución na capacidade e na calidade asistencial achegada aos usuarios/as.

Segundo informan dende a Comisión de Centro, as deficiencias na calidade asistencial do Complexo Hospitalario veranse agravadas nas vindeiras semanas por mor do peche de camas no período estival, que este ano podería superar as 100 camas pechadas. Esta diminución vai levar a unha situación insostíbel ao servizo de urxencias, que xa se atopa nunhas condicións de colapso crónico durante todo o ano debido ao elevado número de doentes que teñen que permanecer nesta área por falta de camas para realizar o ingreso.

A maiores tense recortado a dotación de profesionais en numerosos servizos, algúns deles claves no funcionamento do hospital, como o servizo de esterilización e tampouco se están a realizar as substitucións de médicos que van de vacacións. De igual xeito, a redución do número de enfermeiras nas quendas de noite (permanece unha soa na unidade) pon en risco, non só a calidade asistencial, senón a propia seguridade dos docentes.

A todo isto hai que engadir o peche definitivo dunha Unidade Cirúrxica no Hospital Abente y Lago, condenando así aos enfermos/as en listas de agarda a demoras totalmente inxustificadas.

Por estas razóns e diante das nefastas consecuencias que estes recortes están a provocar no correcto funcionamento do Complexo, a Comisión de Centro de Especialidade demanda ao SERGAS que dote dos recursos humanos e técnicos precisos ao CHUAC para ofrecer así un servizo sanitario público e de calidade á cidadanía.

cig.prensa@galizacig.com