Os tres sindicatos aproveitarán a protesta para amosar unha vez máis o seu rexeitamento ás últimas reformas laborais e para denunciar que mentres se lle entregan milleiros de millóns de euros aos bancos, a maioría da poboación sofre recorte de salarios e incremento de taxas nos servizos públicos, como o ensino ou a sanidade.
De feito, auméntase a contribución no abono sanitario e desaparece o aseguramento universal do sistema estatal de saúde. Ao mesmo tempo, atácase o dereito á xubilación e e preténdese rematar coa negociación colectiva.