Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 17/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Técnicos Superiores en Imaxe e Radiodiagnóstico exixen transparencia e solucións para os postos de traballo

Concentráronse na entrada do Hospital Clínico para denunciar a manipulación de datos persoais por parte da xerencia, para contratar enfermeiros/as, en vez de técnicos
Técnicos Superiores en Imaxe para o Diagnóstico concentráronse este martes na entrada do Hospital Clínico, para denunciar a súa situación laboral e o descrédito ao que están sendo sometidos. Denuncian que a Dirección de Enfermería manipula os dados do persoal do servizo de radioloxía para contratar enfermeiros/as, en vez de técnicos, que non se lles responde aos escritos e que non definen por escrito as funcións dos diferentes grupos que traballan nos servizos de radiodiagnóstico, saltando así a legalidade vixente.

Lembran que, en 2007/2008 houbo unha reestruturación do servizo de radioloxía do Clínico e Provincial de Conxo, "motivadas pola obrigada adecuación e ubicación do seu persoal ás funcións propias e específicas que, para cada categoría profesional, estabelece a lexislación vixente”. Unha realidade a que, afirman, “hoxe en día non se adapta o cadro de persoal do servizo de radioloxía”.

Denuncian que non xustifican, nin responden por escrito a cobertura das salas de ecografía do servizo de radioloxía con enfermeiros/as (ATS / Due), como tampouco fan coa cobertura das salas de vascular; que non xustifican, nin responden por escrito a formación de enfermeiros/as para manexar aparellos que liberan radiación ionizante no servizo de hemodinámica, cando existe unha sentenza do tribunal do Social n º 1 de Compostela que di que corresponde aos técnicos de radioloxía; que os/as enfermeiros/as seguen manexando o inxector de contraste, cando a Asesoría Xurídica do CHUS dixo que corresponde ás/aos técnicos/as e que non xustifican, nin responden por escrito a respecto de quen é responsabilidade corrixir os erros no SIDI (programa informático de rexitro dos estudos radiolóxicos), cando noutros hospitais fan os técnicos.

Denuncian ademais que non existe un supervisor/coordinador técnico no Servizo de Radioloxía, como existe noutros hospitais, cando os/ as técnicos/as son o 80% do cadro de persoal sanitario, non facultativo do servizo de radioloxía e que non se xustifica a xestión económica, unha vez que existe unha diferenza de 455,28 euros/mes e de 6.662,46 euros / ano entre Técnico e un ATS / Due.

cig.prensa@galizacig.com