Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 17/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Leonardo Batalla analiza os “Desafíos actuais da clase traballadora no Uruguai”

Na xornada de formación interna organizada, para o xoves día 20, pola Secretaría de Formación Sindical da CIG
Leonardo Batalla, Responsábel de Relacións Internacionais da Asociación de Bancarios do Uruguai (AEBU) e membro da Comisión Interrnacional do partido Comunista de Uruguai, particiaprá o próximo xoves, día 20 de novembro, a partir das 9:45 nunha charla coloquio baixo o título “Desafíos actuais da clase traballadora no Uruguai”. A xornada, organizada pola Secretaría de Formación Sindical da CIG, terá lugar, como en anteriores ocasións, en Teo.

A asistencia require de comunicación previa por medio dos responsábeis de formación das comarcas e federacións. Máis información no: 986.82.79.48 ou fesga@fesga.net

Leonardo Batalla, responsábel de Relacións Internacionais da Asociación de Bancarios do Uruguai (AEBU), un dos principais sindicatos do Uruguai e compoñente de primeira orde do Plenario Intersindical de Traballadores (PIT-CNT), a central sindical única do país, realizará unha exposición detallada da situación política actual do Uruguai.

Logo dun século e medio de alternancia política bi-partidista entre liberais e conservadores (os dous partidos do capital), o Uruguai veu a vitoria da Frente Ampla de esquerdas. Tres anos de acción de goberno presidido polo socialista Tabaré Vázquez teñen contribuído a introducir mudanzas importantes no país en beneficio das clases populares. Mais este proceso non deixa de afrontar atrancos, contradicións e insuficiencias dramáticas para moitos sectores da sociedade uruguaia que senten dun modo máis agudo a necesidade de superar con urxencia as consecuencias dos repetidos axustes neo-liberais anteriores.

Leonardo Batalla, que tamén integra a Comisión Internacional do Partido Comunista do Uruguai, achegaranos unha ampla visión dos desafíos actuais que confronta a clase traballadora uruguaia, no novo escenario latinoamericano e mundial, marcado polo ascenso das resistencias populares e anti-imperialistas, as derrotas electorais dos partidos pro-imperialistas, a crise global do capitalismo e o rexurdimento de novas potencias no mundo.

cig.prensa@galizacig.com