"Por sorpresa subiron catro despedidos, dous a cada grúa e pecháronse nas cabinas, iso foi o que me contaron ao chegar ás instalacións", comentaba diante dos medios Alejandro Rodríguez, presidente do Comité de Empresa de Termavi.
Erros das autoridades
"As autoridades cometeron moitos erros: decretar uns servizos mínimos abusivos, permitir que non haxa liberdade sindical, permiten que se nos impida manifestarnos diante da nosa empresa, e iso está a xerar un clima de indefensión, desesperación e ansiedade para os traballadores en folga, e máis para os despedidos", xustificaba asi o presidente do Comité a actuación dos despedidos en Guixar.
Ocupación da Autoridade Portuaria
Mais nesta terceira xornada de folga as accións non pararon hai, senón que continuaron, dando maior visibilidade a este conflito, que tanto desde a Autoridade Portuaria como desde a dirección da propia Termavi tentan minimizar.
Asi, ás dez e media da mañá un primeiro grupo de persoas entraba na Autoridade Portuaria de Vigo, onde se xuntaron boa parte dos traballadores en folga e os outros cinco despedidos.
As razóns desta acción
"Imos ir visibilizando a nosa loita en cada espazo que está implicado no noso conflito, e por iso ocupamos a sede da Autoridadde Portuaria, porque é a entidade que aconsellou os servizos mínimos finalmente fixados, porque non nos deixa manifestarnos fronte a nosa empresa, e porque non está a mediar coa nosa empresa, e estamos aqui para que saiban que estamos descontentos coa súa xestión", explicaba Rodríguez.
Informaron tamén do paro dun barco de MSC, e da incidencia importante da folga no porto de Guixar.
Peche na Sala de Xuntas
Dous dos despedidos, en solidariedade cos compañeiros en Guixar, e pola loita na resolución do conflito e a súa readmisión, pecháronse na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.
Os traballadores pechados acordaron poñer fin a esta ocupación ao redor das oito da tarde, xa que o obxectivo de visibilización da súa loita está conseguido nesta xornada e precisan descansar para o seguinte dia de folga, despois de dez horas de peche na sede da Autoridade Portuaria en Vigo.
O venres continuarán as mobilizacións e accións no que será o cuarto dia de folga nos servizos portuarios de Termavi.
Galería gráfica
Podedes consultar na sección multimedia da nosa web, ou nesta ligazón, máis imaxes da xornada de hoxe.