Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 17/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Imaxe da asemblea celebrada en A Coruña.

CIG, CCOO e UGT exixen a Beatriz Mato que cumpra o compromiso de mediar para desbloquear o conflito de instalacións deportivas

Lembran que máis de 100.000 usuarios/as seguen sen poder facer uso das instalacións deportivas
CIG, CCOO e UGT exixen da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, que cumpra co compromiso adquirido cos traballadores e traballadoras de instalacións deportivas o pasado venres, día 12 de febreiro de mediar –recollido polos medios de comunicación- para que a patronal retome as negociacións e se dea unha saída ao conflito. Mentres, os traballadores e as traballadoras continúan coa folga, que no décimo sétimo día de paros volveu rexistrar un amplísimo seguimento, e levaron a cabo novas mobilizacións e concentracións en diversos puntos do País para reclamar ao empresariado un convenio galego digno.
Imaxe cedida por Adrián Cunha (Pixelin)

A día de hoxe e malia as reiteradas peticións realizadas polas centrais sindicais, tanto a Dirección Xeral de Relacións Laborais, e nomeadamente o seu Director Xeral, Odilo Martiñá, como o Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández, foron absolutamente incapaces de conseguir unha xuntanza que desbloquee o conflito.

CIG, CCOO e UGT lembran que a día de hoxe, máis de 100.000 usuarios/as seguen sen poder facer uso das instalacións deportivas galegas por non actuar, a Xunta de Galiza, para atopar unha saída ao conflito que permita dignificar as condicións laborais das traballadoras e traballadores en folga.

As declaracións da conselleira pódense consultar na seguinte ligazón:

http://www.youtube.com/watch?v=XeVOUXKg7k0

Proseguen as mobilizacións

Os traballadores e traballadoras en folga das instalacións deportivas continuaron esta mañá coas protestas para reclamar á patronal que sente a negociar un convenio digno. Se na xornada do martes eran os compañeiros e compañeiras da provincia de Pontevedra os que se encerraban nos edificios da Xunta, esta mañá un grupo de traballadores/as de A Coruña protagonizaron un pequeno peche para demandar unha maior implicación da administración neste conflito. Así, estiveron arredor de unha hora dentro do edificio de Monelos, onde volveron manter unha xuntanza co secretario do delegado territorial, quen se comprometeu a trasladar as reivindicacións a Diego Calvo, para que á súa vez llas transmitise á Consellaría de Traballo.

Durante a protesta desta mañá, os grupo de traballadores/as estivo tamén acompañado polo representante dos usuarios/as, Jesús Lendoiro, ao que a empresa que xestiona unha das instalacións de A Coruña botou fóra do centro e suspendeu como socio por recoller sinaturas de apoio entre os usuarios/as. A este respecto indicou que polo momento xa teñen recollido preto de 5.000 sinaturas en solidariedade coa loita dos traballadores/as.

Así mesmo, amosouse partidario de repartir entre os/as folguistas os cartos das devolucións das cotas, como método para paliar a difícil situación económica na que se van atopar moitos traballadores/as, logo de 17 días de folga.

Xa pola tarde, os traballadores e traballadoras avaliaron a marcha do conflito nestas tres semanas, así como as medidas a tomar nos vindeiros días, durante a celebración das asembleas autoconvocadas polo persoal. 

 

cig.prensa@galizacig.com