Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 17/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O conflito de Levantina - Graniter chega ao Parlamento Galego

O xoves ás 14 da tarde haberá unha nova concentración
Os traballadores/as de Levantina (antiguo Grupo Graninter) continúan coas suas mobilizacións para denunciar o trasalado forzoso de seis compañeiros/a a Alicante, tras do que se agochan despidos encubertos e o posible inicio do desmantelamento do departamento administrativo da planta de O Porriño. Ademais no Parlamento Galego, a través do BNG, presentarase até tres iniciativas para denunciar a súa situación.

O xoves 18 de Febreiro concentraranse de novo nas portas da Empresa no Polígono da Granxa ás 14 horas e en breve convocarase unha Manifestación na vila de O Porriño.

Iniciativas parlamentares

A instancias da CIG, o Grupo Parlamentario do BNG ten dirixido varias preguntas ao Goberno instando tamén un pronunciamento do Parlamento para impedir que se leven a cabo a pretensións patronais xa que significarían un duro golpe para o emprego na zona, pois a citada empresa é a que máis número de traballadores/as ocupa na elaboración do Granito na comarca. (Adxuntamos texto das interpelacións do BNG).

Documentos
Iniciativa parlamentar do BNG polo conflito en Levantina
Iniciativa parlamentar do BNG polo conflito en Levantina
Iniciativa parlamentar do BNG polo conflito en Levantina
cig.prensa@galizacig.com