Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 17/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores de instalacións deportivas de Pontevedra péchanse no edificio da Xunta de Pontevedra e son desaloxados

Estiveron até pola tarde no cuarto andar en Campolongo, reclamando a mediación da Xunta
Os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas, en folga indefinida desde o 1 de febreiro de 2010 pecháronse ás 12 da mañá do martes 16 de febreiro no edificio da Xunta, no cuarto andar, en Campolongo. O motivo que os levou a esta nova mobilización é que o venres 12 de febreiro de 2010 a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, comprometeuse a mediarno conflito e sentar as partes, e a dia de hoxe aínda non tivo lugar a devandita mediación. Pola tarde efectivos da Policia Nacional desaloxaron a estes traballadores e traballadoras

Perto de cincuenta monitores/as deportivos da provincia de Pontevedra foron desaloxados, mais sen incidentes, na tarde do 16 de febreiro, coincidindo coa hora de peche das dependencias da administración autonómica. Neste peche participaron empregados/as das instalacións deportivas da provincia de Pontevedra, agás Vigo, que ten un marco laboral propio.

Medida de presión

Esta foi unha medida máis de presión nas reivindicacións e mobilizacións que este persoal está a levar adiante na folga pola negociación do seu convenio laboral, de ámbito autonómico, xa que están a loitar por un salario e unha xornada laboral dignos, polo que levan desde o 1 de febreiro en folga indefinida.

Os traballadores/as neste peche exixían que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, como a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o secretario xeral para o Deporte en Galiza, José Ramón Lete, "cumpran co seu compromiso de mediar coas empresas dos recintos deportivos".

Como medida de presión ante a patronal, estes traballadores/as instaron ás usuarias e usuarios a devolver os recibos deste mes pola inactividad do servizo.

 

cig.prensa@galizacig.com