Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 17/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as da empresa “Francisco Parada” inician mobilizacións para reclamar o cobro dos atrasos salariais

Un grupo de empregados/as leva seis meses sen recibir as mensualidades e tiveron que solicitar xudicialmente a rescisión dos contratos
Os traballadores e traballadoras de Francisco Parada, empresa dedicada a comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, van iniciar mañá, xoves 18 de febreiro, mobilizacións para reclamar o pagamento dos atrasos salariais, que en moitos casos chegan até os seis meses. Así, teñen convocada unha concentración diante do establecemento “Franciso Parada” (r/ Fernando Macías 15-17, A Coruña) a partir das 12 do mediodía. Os/as traballadores/as mesmo tiveron que recorrer á xustiza para conseguir a rescisión dos seus contratos, pois o empresario négase sistematicamente a proceder ao despedimento.

A situación que están a padecer os traballadores e traballadoras da coñecida empresa coruñesa “Francisco Parada” podería cualificarse como “o mundo ao revés”. Mentres os EREs se multiplican en todas as compañías e os empresarios aproveitan a crise para desfacerse de boa parte do persoal, a firma “Francisco Parada” négase a rescindir os contratos aos empregados, a pesar de que así llo reclaman.

Unha ducia de traballadores/as dos estabelecementos desta compañía, dedicada á comercialización e instalación de materiais de gama alta para cuartos de baño e piscinas,  levan seis meses sen cobrar os seus salarios e atópase coa continúa negativa do empresario a rescindir os seus contratos, para así poder buscar un novo traballo. Tal é a situación que unha boa parte do cadro de persoal tivo que solicitar xudicialmente a rescisión do seu contrato diante da negativa do empresario a despedilos/as ou a presentar unha regulación de emprego.

A empresa, que conta con estabelecementos en A Coruña e Vigo, atópase nunha situación de quebra e os impagos afectan non só aos operarios/as, senón tamén aos provedores e mesmo aos clientes, pois, segundo informan dende a CIG-Servizos, xa se teñen rexistrado casos de clientes que adiantan unha parte do custo do material e obras contratadas aínda que logo os traballos non se chegan a realizar nunca.

cig.prensa@galizacig.com