Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 17/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Intervención da Secretaria Nacional da CIG-Administración, María Carme López Santamariña, durante a V Asemblea do sector de Correos.
Un momento durante a V Asemblea da CIG-Correos.

Os sectores de Correos e da Autonómica da CIG-Administración renovan as súas direccións

Serxio Martínez Conde e Fernando García Fernández elixidos novos secretarios nacionais
Os sectores de Correos e da Autonómica da Federación de Administración Pública da CIG renovaban o sábado 13 de marzo os seus órganos de dirección. As asembleas nacionais, celebradas ambas as dúas en Compostela, marcaron as liñas e os retos a seguir nos vindiros catro anos e elixían a Serxio Martínez Conde novo secretario nacional do sector de Correos, mentres que Fernando García Fernández será o novo secretario nacional da Autonómica.
A nova dirección saída da V Asemblea nacional da CIG.Administración Autonómica.

Baixo o lema “Por un Correo público galego de cualidade”, a V Asemblea Nacional do sector de Correos da CIG-Administración, celebrada en Compostela o pasado sábado 13 de marzo, elixía a Serxio Martínez Conde novo Secretario nacional, que vén substituír a Xosé Blanco Gómez.

Durante a asemblea destacouse a actividade da CIG na defensa dun servizo postal público e de cualidade, reiterouse a necesidade de continuar na loita contra as intencións da UE de liberalizar totalmente o servizo de cara a súa futura privatización e denunciouse a falla de interese do goberno estatal por manter Correos como un servizo esencial, a inexistencia dunha política postal e a falla de vontade por cumprir a lei postal, evidenciada na constante redución de persoal e no recorte dos dereitos dos traballadores/as do ente.

Pola súa banda, os/as 159 compromisarios/as que acudiron á V Asemblea da CIG-Autonómica, que se desenvolveu baixo o lema “Polos nosos dereitos: participa e loita”, elixían como novo Secretario Nacional do sector a Fernando García Fernández, que substitúe no cargo á Manuel Gallardo Canitrot.

A asemblea do sector da Autonómica da CIG marcouse como retos máis inmediatos a negociación da nova Lei de Función Pública para que garanta e avance nos dereitos dos empregados/as públicos/as; que artelle un sistema de acceso ao emprego público restándolle esta facultade aos organismos autónomos, entes, axencias, etc,; que plasme un catálogo de permisos e licencias avanzado; que poña en marcha a carreira profesional e que salvagarde á administración das privatizacións.

cig.prensa@galizacig.com