Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 17/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os sindicatos denuncian os despedimentos no Banco Pastor

A vindeira mobilización está prevista para o día 26 diante da Xunta Anual de Accionistas da entidade
As 12 da maña do día 16 de marzo numerosos delegados e delegadas do sector financeiro de toda Galiza responderon á chamada dos sindicatos concentrándose diante da sede rexional Galicia-Sur do Banco Pastor en Vigo, a primeira mobilización da campaña de resposta contra os despedimentos realizados polo Banco Pastor.

A campaña contra os despedimentos no Banco Pastor comezou cunha multitudinaria concentración convocada por CIG, UGT, CCOO, FICT e ELA ante a oficina central en Vigo.

A concentración que durou aproximadamente unha hora estivo encabezada por unha pancarta co lema “Non aos despedimentos no Banco Pastor”. Foron moitas as persoas que se achegaron con preocupación ata os concentrados preguntándose “Tamén despide o Pastor? cos beneficios que ten, isto é unha vergoña!”.

A semana pasada a empresa despediu a 4 persoas en Pontevedra e 1 en Ourense as que habería que engadir os despedimentos fora de Galiza. Algunhas das persoas despedidas levaban ata 38 anos na entidade, alegando a dirección que agora “non cumprían as expectativas da empresa”.

O Banco, que recibiu multimillonarias axudas do goberno central, recoñeceu os despedimentos como improcedentes consignando a correspondente indemnización. É decir o Banco Pastor despide recoñecendo que non ten motivos e financia os despedimentos con cargo ao erario público.

A vindeira mobilización está prevista para o día 26 na Coruña diante da Xunta Anual de Accionistas do Banco.

Visita solidaria ao campamento do naval.

Posteriormente os delegados e delegadas da CIG trasladáronse até a zona do Náutico onde levan acampados 16 días os compañeiros da asemblea de parados do naval, para amosarlle toda a solidariedade coa súa loita.

cig.prensa@galizacig.com