Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 17/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Bandeira de folga do STUNAM
Sindicato de mineiros de Cananea
: México : : sme :

Xornada de loita da clase traballadora de México en solidariedade co Sindicato Mexicano de Electricistas.

Todos polos dereitos de todos !
Neste 16 de marzo, una ampla coalición de organizacións sindicais, sociais, políticas e cidadás, conformando a Asemblea Nacional da Resistencia Popular (ANRP) e nas que hai que salientar o Sindicato Mexicano de Electricistas, o Sindicato Nacional de Mineiros Metalúrxicos e Similares da República Mexicana e os mestres da Coordenadora Nacional de Traballadores do Ensino chamaron á clase traballadora de México a unha xornada de Folga Nacional Política, de loita e mobilizacións, a colocar milleiros de bandeiras de folga (vermella e negra), nas escolas, bairros populares, comunidades agrarias e centros de traballo para amosar o seu rexeitamento ao peche e privatización da compañía eléctrica Luz y Fuerza, contra as políticas neoliberais, e pola defensa dos dereitos constitucionais violados polo “mal-goberno”.

Baixo os lemas: “Ou son eles ou somos nós!” e “Todos polos dereitos de todos!”, mestres, mineiros e electricistas sinalan que “os grandes empresarios e os seus políticos leváronos ao límite da supervivencia e do enfrontamento. En 3 anos o número de pobres pasou de 40 a máis de 50 millóns; entre 7 e 8 millóns de mozos e mozas carecen de escola e emprego, os nosos ingresos reducíronse entre 20 e 40 por cen.”

As accións da Folga Nacional desenvolvéronse en diversos estados de México, concentrándose principalmente nos aproximativamente 300 centros de traballo do Sindicato Mexicano de Electricistas e na mina Cananea (Sonora). As accións de Folga contaron co apoio de diversas forzas políticas de esquerda, incluíndo o Partido do Traballo de México que protagonizou un incidente no Congreso cando os seus deputados tentaron de colocar as bandeiras de folga na tribuna do Parlamento, en solidariedade coa loita do SME

A Asemblea Nacional da Resistencia Popular sinalou que a Folga Nacional do 16 de marzo era “a oportunidade para, todos e todas, deteren a quen usurpan o goberno da República e violentan os dereitos do pobo”. A súa chamada unitaria e plural procura a “participación en todos os recunchos da patria paralizando a produción, a distribución de mercadorías, ocupando as terras que foron usurpadas, tomando as vías de comunicación, protestando nas prazas, nos vales e camiños, armados coa razón e a confianza na loita”.

As reivindicacións desta mobilización son amplas, precisas e urxentes:

Incremento salarial de emerxencia e programa nacional de emprego, alimentación e vivenda.

Solución ás demandas do Sindicato Mexicano de Electricistas; á folga mineira de Cananea (Sonora); ás plataformas da Unión Nacional de Traballadores en Sombrerete (Zacatecas) e da Coordenadora Nacional de Traballadores do Ensino en Taxco (Guerrero).

Respecto para autonomía sindical e cumprimento da Lei Federal do Traballo e da Constitución.

Incremento do orzamento de educación, ciencia e cultura.

Servizo médico universal.

Contra á privatización do petróleo, da auga, dos minerais e da electricidade.

Solución aos afectados por problemas ambientais.

Programa emerxente para asegurar a soberanía alimentaria e a erradicación da pobreza no campo.

Respecto para a autonomía e os dereitos dos pobos indíxenas.

Xuizo político a Felipe Calderón.

Liberación dos presos políticos.

Castigo aos violadores dos dereitos humanos e retorno dos militares aos seus cuartéis.

cig.prensa@galizacig.com