As empresas de telemárketing queren agardar a coñecer os recortes de dereitos laborais (maior flexibilidade interna, abaratamento e facilidade dos despedimentos, modificación dos modelos de contratación, posibilidade de que as empresas deixen de aplicar o convenio alegando mala situación económica, etc), para trasladalos así o Convenio.
Dende a CIG-Banca reclamaron que se manteña a reunión, xa que “non é xusto que as empresas pretendan hipotecar a negociación do Convenio Colectivo, en definitiva as nosas condicións laborais, á aprobación por parte do Goberno dunha reforma laboral lesiva para os nosos intereses”.
Por iso, dende a Federación de Banca animaron aos traballadores e traballadoras do sector a participar nas manifestacións convocadas pola CIG esta tarde contra a reforma laboral, “unha reforma que como vemos, as avarentas empresas de telemárketing pretenden ser as primeiras en aplicar”.