Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 18/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración nacional de traballadoras/es da limpeza de Caixanova e BBVA contra o recorte da súa xornada laboral

Os antidisturbios identificaron ás concentradas, ameazando con sancións ao persoal
Ás doce da mañá na oficina principal de Caixanova da cidade de Vigo tivo lugar unha mobilización na defensa da xornada das traballadoras e traballadores da limpeza das oficinas das entidades bancarias de Caixanova e BBVA. Delegadas e delegados da CIG-Servizos de todo o país xuntáronse en Vigo para que se escoitaran as súas demandas, chegando a ocupar o interior das dúas oficinas da caixa e de BBVA no cruce de Colón, momento no que foron identificados e ameazados por numerosos antidisturbios que se achegaron até esta mobilización.

Caixanova e BBVA estanlle recortando as horas de traballo ao persol que limpa nas súas sucursais de toda Galiza. A maioría de afectadas/os son mulleres con menos de seis horas de traballo á semana, con contratos a tempo parcial, e con poucos recursos económicos. Por estas razóns decidiu a CIG-Servizos convocar esta concentración diante da oficina principal da sede de Caixanova en Vigo, e fronte a esta oficina, na do BBVA.

Críticas á banca

Tránsito Fernández, secretaria comarcal da CIG-Servizos en Vigo, criticou á banca na súa comparecencia diante dos medios de comunicación ao pé desta mobilización, xa que "cos seus grandes beneficios multimillonarios e cobrando comisións por todo tipo de servizos, atrévese, neste momento de crise que estamos a vivir, a colaboraren prexudicar a familias que o único medio que teñen para vivir é o seu salario".

Ocupación de Caixanova e do BBVA

Despois dunha concentración ás portas destas dúas entidades bancarias, trasladaron tamén as súas protestas ao interior tanto de Caixanova como do BBVA, onde conseguiron manter entrevistas cos seus respectivos directores das sucursais despois dunha ocupación simbólica destas oficinas.

Identificación e presenza de antidisturbios

Mentres a concentración de traballadoras/es continuaba no interior da sucursal do BBVA, e sen que en ningún momento se cortara a rúa nin se alterara a orde pública, apareceron varias dotacións de antidisturbios que pasaron a identificar a persoas concentradas no interior desta oficina, e amezando con sancións por non ter comunicado con anterioride esta mobilización.

Galeria de imaxes

Na sección multimedia da nosa web podedes atopar unha galeria fotográfica desta mobilización, ou tamén a través desta ligazón.

cig.prensa@galizacig.com