Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 18/10/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Xornada sobre as últimas novidades en formación e prevención de riscos laborais en Lugo-A Mariña

Uns cincuenta delegados e delegadas da CIG chegados de toda a provincia participaron na actividade formativa
O xoves 14 de outubro celebrouse en Lugo unha xornada de formación en Prevención de Riscos Laborais, organizada pola comarca de Lugo - A Mariña en colaboración co Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, na que se abordaron as principais novidades producidas no último ano neste eido e á que asistiron cincuenta delegados e delegadas procedentes de toda a provincia.

Durante a xornada, impartida pola técnica do Gabinete na comarca, tratáronse as novidades que en materia de PRL se produciron no transcurso do último ano, entre elas as que afectan á Lei de Prevención e ao Regulamento dos Servizos de Prevención, a aprobación do real decreto que regula a redución nas cotizacións por continxencias profesionais por baixa sinistralidade e as modificacións introducidas pola Reforma Laboral; como por exemplo, a desaparición das prohibicións existentes até agora para a contratación a través de ETT's.

Á actividade formativa asistiron cincuenta delegados e delegadas chegados/as dende moitos dos concellos da comarca, Burela, Chantada, Monforte, Sarria, Vilalba ou Viveiro, convocados polas distintas federacións e unións locais.

Na presentación da xornada, Esther Vila, responsable de Saúde Laboral da comarca, destacou a importancia de que os delegados e delegadas estean informados das modificacións á normativa que regula as condicións de seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras.

Xa en horario de tarde, Xosé Ferreiro, Secretario Comarcal, deu clausura á actividade.

cig.prensa@galizacig.com