A todos os traballadores/as do sector
Unha vez revisado o novo convenio provincial do Metal, e con independencia da interpretación dalgunhas modificacións que se realizaron e das que daremos conta, preocupounos en primeira instancia a desaparición do artigo 53, o texto que fai referencia ao primeiro suposto dos tóxicos.
Por iso a CIG remitiu o pasado venres 13 de novembro o seguinte escrito á:
Comisión paritaria
Miguel Anxo Malvido, en representación da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega, quero poñer no coñecemento desta Comisión Paritaria o seguinte:
Primeiro. - O pasado 2 de novembro de 2009 asinouse o Convenio Provincial para o Metal de Pontevedra por parte de Asime, Atra, Feca, CCOO e UGT.
Segundo. - No artigo 53 denominado Plus por traballos especiais, no que se redacta do seguinte xeiro:
"Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade, terán dereito á correspondente bonificación. A determinación ou calificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso, farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadores. No caso de desacordo decidirá a autoridade xudicial.
A expresada bonificación establécese asi para o ano 2009.
Se se producirán dous ou máis supostos: 0,83 euros/hora.
Para o ano 2010 estas cantidades incrementaranse na porcentaxe do IPC real do ano anterior mais o 1,5% e para o 2011 o incremento será o IPC real do ano anterior máis o 1,25%".
Terceiro. - Nas táboas salariais para o 2009, aparece:
Plus por traballos especiais
Un suposto 0,53.
Dous ou máis supostos: 0,83.
Por parte da CIG-Metal entendemos que se ten producido un erro no desenvolvemento do artigo 53 e polo tanto a omisión de que "se se producise un suposto 0,53 euros por horas "no texto é subsanable.
Por todo isto, solicitamos desta Comisión Paritaria a inclusión do texto "se se producise un suposto: 0,53 euros/hora" dentro do artigo 53.