Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 18/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Celébase a fin do Entroido co enterro en Vigo da sanidade pública galega

Xa hai convocada novas mobilizacións
O mércores 17 de febreiro celebrouse o fin do Entroido co enterro da sanidade pública como protagonista no desfile de comparsas que se celebrou en Vigo. Unha gran participación chea de sentido do humor e reivindicativa percorreron as rúas de Vigo con cánticos e berros en contra da privatización da sanidade pública en Vigo que pretende materializar o Partido Popular dende o seu poder na Xunta de Galiza.

"As viguesas e vigueses estamos a resistir esta ofensiva privatizadora do goberno do PP que pretende diminuír tanto  a calidade asistencial como os recursos materiais e persoais da sanidade pública viguesa", sinalan da CIG-Saúde de Vigo.

Novas actos de protesta

Ante este ataque sen precedentes tanto a Comisión de Centro do CHUVI como a Plataforma en Defensa da sanidade Pública de Vigo van convocar mais actos de protesta na nosa Área Sanitaria.

As próximas mobilizacións serán o luns 22 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro e o martes 23 de febreiro no Hospital Xeral ás 11h, onde se realizarán concentracións para seguir protestando contra a liquidación da sanidade pública e o recorte tanto de persoal como de calidade asistencial.

Folga o 24 de febreiro 

O mércores 24 de febreiro haberá FOLGA de 24h no CHUVI e unha manifestación das traballadoras e traballadores, así como toda a cidadanía que queira participar. A manifestación partirá do Hospital Xeral de Vigo  ás 20h.

Galería gráfica do enterro

cig.prensa@galizacig.com