O luns día 15 de febreiro, as centrais sindicais, CCOO, CIG eu UGT, mantiveron unha xuntanza co Director Xeral de Traballo Odilo Martiñá, na cal lle expuxeron a situación dos despedidos/as, se lle exixiu a Xunta a intervención inmediata no conflito, explicándolle que a actual empresa Amil Lago, non é unha empresa do sector de limpeza, non podendo facer dita actividade, e por suposto, sen subrogar aos traballadores/as actuais.
Senón media a Consellería, os tres sindicatos, actuarán contundentemente. O Director Xeral comprometeuse a atopar unha solución, que só pasa pola readmisión pola parte sindical.
O martes día 16 de febreiro, o Comité de Empresa de Alcampo de Coia mantivo unha reunión coa Dirección da empresa, negándose esta a asumir a súa responsabilidade nos despidos e ofrecendo unha saída de recolocación de algúns, o que tivo unha resposta negativa por parte da CIG.
O mércores día 17 de febreiro, mantívose unha reunión coas patronais de limpeza, provincial e estatal, onde se decidiu, levantar un acta asinada polas dúas partes, exixindo o cumprimento de subrogación e solicitando unha reunión a Conselleira de traballo, o antes posíbel, para que interveña no conflito.
Desde a CIG-Servizos subliñan que "a Xunta ten a capacidade legal de prohibir a Alcampo esta situación e obrigarlles a readmisión de todo o persoal".