Son sete traslados forzosos a Alacant: deste sete, 3 son membros do Comité de Empresa e duas traballadoras están acollidas a redución de xornada por coidado de fillos, polo que con esta nova concentración volvían denunciar a "falta de respecto aos traballadores/as".
Desde a CIG-Construción consideran estes feitos como un "un exemplo de como entende a patronal o respeito polos dereitos á representación sindical e a obriga legal de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar".
Concentración o sábado 20
Os traballadores e traballadoras de Levantina convocaron unha nova concentración, que desta volta será o sábado 20 ás 12 fronte ao Concello de O Porriño.
O motivo desta concentración, como das anteriores mobilizacións, é a de amosar o rexeitamento ás medidas adoptadas pola empresa, obrigando ao traslado de compañeiras e compañeiros, "o que na prática ven significar o despedimento e o inicio do desmantelamento de instalacións en O Porriño coa conseguinte perda de postos de traballo".
Realizan un chamamento á solidariedade e á participación nesta nova mobilización "para demostrarlle á Patronal que estas actuacións unilaterais e de desprezo ás condicións de vida da clase traballadora van ser respostadas sempre".
Ese mesmo sábado está solicitada unha entrevista co alcalde do Porriño, despois desta mobilización.