Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 18/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as de Siemsa Galicia avaliarán en asemblea as medidas a desenvolver diante do continuo recorte de persoal

A empresa, dedicada á montaxe e mantemento de parques eólicos, despediu o pasado ano a 160 empregados
O Comité de Empresa de Siemsa Galicia informou da convocatoria de asemblea de traballadores/as o vindeiro 20 de febreiro, para avaliar as medidas a levar a cabo diante da continua redución do cadro de persoal que dende o pasado ano se vén rexistrando (perdéronse xa 160 postos de traballo), así como do proceso iniciado pola dirección para crear de novas empresas para dividir as actividades que engloban a Siemsa.

A continuación reproducirmos o comunicado de prensa feito público polo Comité de Empresa:

O Comité de Empresa de Siemsa Galicia vén de aprobar en pleno a convocatoria de asemblea de traballadores/as o vindeiro día 20 de febreiro, ás 11:00 horas, no local dos Sindicatos en A Coruña, sendo a orde do  día a seguinte:

-Información da situación da empresa.

-Medidas a tomar.

Cabe manifestar que o cadro de persoal sufriu un recorte durante o ano 2009 de 160 postos de traballo, o que supuxo unha redución do cadro de persoal dun 30%. Dende o Comité de Empresa suponse que esta situación seguirase acentuando durante este ano.

A Dirección de Empresa tamén está a crear novas empresas para dividir as actividades que engloban a Siemsa Galicia; dito procedemento estao a realizar sen cumprir coa lexislación vixente, feito que foi posto en coñecemento da Inspección de Traballo.

Dada a situación de incertidume que atravesan os traballadores, o Comité de Empresa opta por convocar esta asemblea para decidir como afrontar dita situación.

Siemsa Galicia, dedícase na súa maioría ao montaxe, mantemento e operación de parques eólicos.

cig.prensa@galizacig.com