Segundo informan dende a sección sindical da CIG en Endesa, este traballo ten asignado un coeficiente redutor de 0.30, ou dito doutro xeito, cada dez anos traballados anticipan a xubilación en tres anos.
“Consideramos que esta é unha boa nova para o conxunto dos/as traballadores/as deste servizo, e que bota luz sobre a polémica xerada no seu día cando da CIG decidiu xerar este proceso”, apúntase nun comunicado da sección sindical.