Engaden desde a federación de saúde da central sindical nacionalista que "como se pode ver o incremento é considerable. O PP ten moito medo do éxito da folga e intenta de dar un golpe de autoritarismo".
Campaña suxa
"Tamén denunciamos a campaña suxa que se está levando a cabo contra todo o que sexa publicitar a manifestación do día 25 de marzo, á escaseza de información na prensa temos que engadir o ataque que estamos sufrindo na eliminación das pancartas anunciadoras da manifestación, case todas as que se colocaron foron retiradas ao pouco de ser colocadas. Nunca se viu ataque de tal calibre a un acto democrática e legalmente convocado, iso demostra o medo que teñen os sectores pro privatización do éxito da manifestación", salientan.
Grande resposta cidadá o 25 de marzo
Ante tales abusos antidemocrático, realizan un chamamento para acadar "unha grande resposta cidadá o próximo día 25 ás 20h dende Vía Norte. Os tempos do autoritarismo parece que para algúns aínda está vixente".
Camisolas da plataforma
Tamén informanda venda de camisolas contra a privatización do novo hospital de Vigo. Quen desexe algunha pode adquirilas nos locais sindicais dos sindicatos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública polo módico prezo de 5 euros. Encargáronse 1000 e no día do peche xa se venderon 100.
O luns ás 9.30 levarán estas camisolas e achegaranse até unha concentración fronte ao Concello de Vigo, para apoiar a presentación dunha moción en apoio á manifestación do xoves 25 de marzo.