Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Servizos de Ferrol convoca folga no xeriátrico de Laraxe polo despedimento dunha delegada do Comité de Empresa

Esta tarde realizouse unha concentración entre as 14:30 e as 15:30 e a folga será os días 8, 15 e 22 de abril
CIG-Servizos de Ferrol vén de convocar unha folga para os días 8, 15 e 22 de abril, para manifestar a súa repulsa e á das traballadoras/es polo despedimento dunha delegada do Comité de Empresa do xeriátrico de Laraxe ‘Geriatros’. CIG-Servizos considera que se trata dunha medida ‘exemplarizante’, co que se pretende evitar que as presións exercidas por este comité en demanda de melloras nas condicións de traballo –que foron conseguidas- se estendan aos outros centros xestionados por esta mesma empresa.

Geriatros acusa a esta traballadora, para xustificar o seu despedimento, de maltrato. Fronte a isto, a CIG-Servizos de Ferrol acusa a esta empresa de numerosas neglixencias como “a administración aos anciáns de todo tipo de medicamentos sen ningún tipo de control nin horario”.

Ademais, aseguran que non se cubre as horas sindicais dos membros do Comité, cando por lei ten a obriga de facelo coa fin de saturar aos compañeiros /as de traballo para provocar enfrontamentos entre as/os traballadoras/es, “deixando aos anciáns, que non teñen culpa de nada, sen uns coidados esenciais por falta de tempo”.

Xunto a isto, CIG-Servizos asegura que as traballadoras e traballadores non teñen o equipamento suficiente para poder desenvolver o seu traballo “coas medidas imprescindíbeis de seguridade e hixiene que este tipo de traballo necesita”.

Concentración diante da empresa

Esta mesma tarde, entre ás 14:30 horas e ás 15:30 horas, traballadores e traballadoras e delegados e delegadas da CIG concentráronse fronte ás portas da empresa Geriatros en Laraxe, como medida de repulsa polo despedimento e en apoio a esta compañeira. 

cig.prensa@galizacig.com