Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

2.000 persoas maniféstanse en contra do ERE de Leche Pascual na fábrica de Outeiro de Rei

A CIG de Lugo apoia aos traballadores/as afectados e esixe á Xunta que evite a destrución de 155 postos directos
O sábado 16 de maio os traballadores/as da fábrica que Leche Pascual ten en Outeiro de Rei manifestáronse contra do expediente de regulación que a empresa pretende levar adiante e que suporía o despedimento de 155 persoas, ás que hai que sumar outros 1.000 empregos indirectos xerados pola actividade da fábrica. A protesta, apoiada tamén pola CIG, contou coa participación dunhas 2.000 persoas.
Unhas 2.000 persoas participaron na manifestación convocada contra o peche da fábrica de Leche Pascual no Concello de Outeiro de Rei.

Os traballadores/as, acompañados polos veciños/as da zona e representantes sindicais, percorreron parte da N-6 até as portas da fábrica de Leche Pascual en Outeiro de Rei a prol do mantemento dos 155 empregos que a empresa pretende destruír. O peche da factoría afectaría tamén de xeito indirecto a outros 1.000 empregos.

Dende a CIG de Lugo considérase “intolerábel” que unha empresa que “estivo a ter beneficios multimillonarios nos últimos anos peche deste xeito o seu centro de traballo, deixando na rúa a 155 traballadores”, mentres noutras plantas do Estado estase incrementando o cadro de persoal.

Tanto dende o Comité de Empresa como por parte da CIG de Lugo esixiuse ao goberno galego como ao Concello de Outeiro de Rei que tomen as medidas oportunas para evitar o peche da fábrica e impidan a marcha desta empresa da comarca.  

cig.prensa@galizacig.com