Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 18/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Publicada a orde de axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.

As axudas, destinadas á conciliación da vida familiar e laboral e como medida de fomento da corresponsabilidade, serán concedidas aos traballadores por conta allea, ou familias monoparentais, que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos. Hai que ter en conta que as persoas que queiran solicitar esta axuda teñen que terse acollido á redución de xornada con anterioridade á publicación da orde no DOG, a diferenza do que acontecía nas dúas anteriores convocatorias.

As contías abonaranse nun pagamento único que estará en función da porcentaxe de redución da xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses e como mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.

Poderán ser beneficiarios:

1.- Os homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas que se acollan á redución de xornada.

2.- Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG do 18 de maio).

Documentos
Orde de axudas a traballadores por reducion de xornada para coidado de fillos e fillas.pdf
cig.prensa@galizacig.com