Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Queremos Galego denuncia a manipulación informativa da TVG

O medio público silenciou totalmente as críticas á Xunta realizadas pola plataforma
Queremos Galego, que onte convocou a milleiros de mulleres e homes en defensa da nosa lingua baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”, denuncia a “manipulación informativa” da que é vítima por parte da TVG. A plataforma unitaria, que agrupa a máis de 700 entidades do máis diferente tipo, encamiñará a súa queixa ao Valedor do Pobo e ao Consello de Administración da Compañía.

Carlos Callón pechou a quenda de intervencións no acto de Queremos Galego celebrado en Compostela.

Queremos Galego indica que a TVG transmitiu a noticia das concentracións sen dar en ningún momento nin o lema nin os motivos da convocatoria. O portavoz nacional da plataforma e presidente da Mesa, Carlos Callón, felicitou ironicamente á dirección de informativos da TVG “por superarse no seu nivel de terxiversación, aínda que xa parecía complicado. “Non é fácil dar a noticia de que convocamos 60 concentracións para denunciar a política de agresións contra o noso idioma por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo e que no Telexornal nin se diga o motivo da mobilización”, observou.

A TVG só retransmitiu as partes do manifesto que non eran críticas cos retrocesos para o galego que está a provocar o goberno da Xunta. “Se temos en conta que só 9 das 70 liñas do texto non fan referencia aos ataques da Xunta, a capacidade de manipulación ten máis mérito e a falta de ética xornalística da dirección de informativos da TVG fica máis en evidencia”.

cig.prensa@galizacig.com