Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/6/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A sección sindical da CIG en GADIS retoma as protestas contra o incumprimento da xornada de 40 horas

A primeira mobilización tivo lugar no centro de traballo de Betanzos
A Sección Sindical da CIG, maioritaria nos comités do Grupo GADIS, iniciou unha serie de mobilizacións para poñer en coñecemento da cidadanía o exceso de xornada que se ven obrigadas a realizar as traballadoras desta empresa de forma gratuíta. A primeira destas protestas tivo lugar no centro de Betanzos, sede central da empresa, onde a organización do traballo se basea “no medo e a ameaza constante”.

Dende a sección sindical explican que, dependendo do centro e da encargada, pódese chegar a realizar até unha hora de exceso todos os días. O grupo de traballadoras máis afectado por esta obriga é o das caixeiras, na súa maioría temporais, que ven ameazado o seu posto de traballo no caso de que non se preguen ás esixencias da empresa. “A pesar das continuas denuncias, a empresa continúa a negar que esta situación sexa real e mira para outro lado”, lamentan.

O centro de Betanzos, sede central da empresa, é un nos que máis se dá esta situación, acompañado por unha “encargada autoritaria que basea o seu estilo de organización no medo e a ameaza constante”, subliñan dende a sección sindical.

Hai dous anos, a CIG xa se manifestara durante catro días seguidos neste centro para denunciar estes mesmos feitos. Daquela solucionarase o problema, pero parece que sen a presión sindical constante o Grupo GADIS intenta evitar de calquera maneira o cumprimento da lei.

Así mesmo, a central xa advertiu que no caso de que non se solucione o problema, as concentración estenderanse a centros de traballo de GADIS en A Coruña, Santiago e Ferrol, onde as traballadoras sofren o mesmo abuso  .

cig.prensa@galizacig.com