Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/6/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

As traballadoras e traballadores de Galfrío aproban o preacordo acadado coa empresa

A dirección comprométese a pagar 36 días por ano traballado e garantir o emprego na planta de fío durante 3 anos
A asemblea de traballadoras e traballadores de Galfrío, celebrada na tarde do xoves 18 de xuño, aprobou por unanimidade o preacordo acadado entre a representación social e a empresa. O texto, ao que haberá que incluír algún “pequeno matiz”, será redactado e asinado no mañá do venres 19 de xuño ante a Inspección de Traballo.

As traballadoras e traballadores de Galfrío, empresa situada en Marín, decidiron aprobar o preacordo ao que se chegara na tarde do mércores, logo do peche inamobível da planta de elaborados. Aínda que corrixiron algún defecto de redacción e introduciron algún que outro matiz, os termos do preacordo foron asumidos polo persoal.

O documento recolle unha indemnización para os máis de 50 traballadoras/es despedidos de arredor de 36 días por ano traballado, o compromiso de pagar as débedas atrasadas co persoal, así como garantir o mantemento do traballo na planta de frío, cando menos, durante os próximos tres anos.

A respecto do salario, a empresa cedeu na súa pretensión de rebaixar as retribucións do persoal, mentres que as traballadoras e traballadores acordaron aceptar a conxelación salarial durante o próximo ano, prorrogábel até un segundo ano, pero a revisar se a empresa obtén beneficios. Non obstante, o responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, explico que, en todo caso, o 1 de xaneiro de 2012 a dirección de Galfrío deberá asumir o pagamento de todos os atrasos acumulados.

Con esta decisión, ponse remate ao conflito vivido na empresa durante o último mes, logo de que a dirección de Galfrío decidise pechar a planta de elaborados de Marín e deixar na rúa a máis de 50 persoas.

cig.prensa@galizacig.com