Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 18/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: ERE : : FGAMT-CIG : : MAFECCO : : téxtil :

Mafecco entrega xa as cartas de despedimento a 41 traballadoras

Comité e CIG anuncian que a loita contra esta “desfeita laboral” continuará coa impugnación do ERE pola vía xudicial
Apenas cinco días despois de rematar o período de consultas do ERE de extinción, a dirección de Mafecco entregaba este martes as cartas de despedimento ao persoal afectado, grazas as facilidades e liberdades introducidas pola reforma laboral do PP. Finalmente, a empresa decidiu despedir a 41 traballadoras, en lugar das 42 extincións propostas no expediente de regulación.

Aínda que a empresa pretendeu utilizar a falta de liquidez como método de chantaxe para conseguir que o Comité asinara un acordo para o ERE (o que imposibilitaría a impugnación xudicial do expediente), xunto coas cartas de despedimento, a dirección de Mafecco achegou o pagamento das contías das indemnizacións e mesmo de todos os atrasos salariais adebedados ao persoal.

Así as cousas, as traballadoras suspenderon a folga convocada dende a pasada semana, mais advertiron que continuarán na loita contra esta desfeita laboral e xa están a preparar a documentación para impugnar pola vía xudicial (a única que deixa a reforma laboral) o ERE de extinción.

cig.prensa@galizacig.com