Así mesmo, a CIG-Construción fixo entrega dun escrito no Rexistro municipal dirixido ao Alcalde de Ferrol, no que se instaba ao Concello a facer un seguimento tanto do desenvolvemento das obras como do réxime de contratacións e despedimentos ao que están sometidos estes traballadores/as, de cara a adoptar medidas sancionadoras coas empresas que vulneren a lexislación laboral.
Dende a Federación de Construción e Madeira da CIG-Ferrol sinalaron que van continuar “vixiando exhaustivamente a estas empresas e emprenderemos as accións que consideremos oportunas con aquelas que atenten contra os dereitos dos traballadores/as”, sinala o responsábel comarcal da Federación, Marcos Sánchez.
Denuncias de traballadores/as
Dende que comezaron as obras adscritas ao Plan E moitos traballadores e traballadoras acudiron á CIG para denunciar as constantes infraccións nas que estaban a incorrer as diferentes empresas que executaban estes traballos.
As denuncias facían referencia tanto á vulneración dos seus dereitos fundamentais como á falta de profesionalidade e responsabilidade coa que estas empresas acometían as obras, moito máis preocupadas por obter beneficios a curto prazo que en facer os traballos coa calidade que se lles esixe.