Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 18/9/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal do Hospital de Valdeorras levará a cabo unha campaña para informar das consecuencias da supresión da área sanitaria

Retomaron as mobilizacións na defensa dunha sanidade digna para esta comarca
O persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras retomou as mobilizacións diante do centro na defensa do mantemento da área sanitaria de O Barco. Así mesmo, a semana que vén a Xunta de Persoal percorrerá os centros de saúde da zona para ofrecer información aos usuarios/as das consecuencias da supresión desta área.

A Xunta de Persoal da área de Valdeorras achegará a partir do luns 21 de setembro información aos usuarios e usuarias dos centros de saúde da zona para tentar concienciar á poboación afectada da situación en que quedarán de seguir adiante a tentativa do Partido Popular de eliminar a área de saúde de O Barco para integrala na de Ourense.

Deste xeito retomáronse as mobilizacións que o persoal do centro médico iniciara hai uns meses co anuncio da Consellaría de integrar a área sanitaria de Valdeorras na de Ourense. Así, os membros da Xunta de Persoal percorrerán os distintos centros da área:

- O luns 21 estarán no centro de saúde de O Barco

- Martes 22 visitarán Vilamartín e A Rúa

- Mércores 23 no HCV

- Xoves 24 percorrerán os centros de Petín, Larouco, O Bolo, Viana, A Veiga e Vilariño

- E o venres acudirán a Trives, Manzaneda, Rubiá e Sobradelo.

A Plataforma inicia as súas actividades Por outra banda, os doce colectivos, entre os que se atopa a CIG, que integran a Plataforma para a defensa da área sanitaria están ultimando estes días un manifesto conxunto que asinarán o vindeiro mércores, xornada na que tamén se decidirán as mobilizacións a levar adiante para exixir o mantemento da área sanitaria de O Barco, así como melloras na calidade asistencial.

Novas relacionadas 

cig.prensa@galizacig.com