Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Saúde chama ao persoal do Sergas a votar o 21-O para parar os novos recortes que se aplicarán se Feijoo volve gobernar

Lembra a situación do país veciño, Portugal, onde a oligarquía financeira está traspasando os soldos de traballadores e traballadoras ás súas contas
CIG-Saúde vén de facer un chamamento ao persoal do Sergas para que participe activamente nas eleccións que terán lugar este domingo, día 21 de outubro. Alerta de que, “de seguir no goberno o Partido Popular, as traballadoras e traballadores sufriremos os mesmos saqueos que están a sufrir en Portugal e Grecia, simplemente que aquí chegan cun ano de atraso”.

CIG-Saúde asegura que “non se poden seguir crendo as súas mentiras” e advirte que o rescate do estado español terá as mesmas condicións perversas para a clase traballadora que está a ter en Portugal e Grecia. “A troika non vai ser máis benévola co estado español”, di.

Lembra que nestes días, o Parlamento de Portugal fixo públicos os seus orzamentos, atendendo aos requisitos da troika, para satisfacer as demandas da oligarquía financeira e das institucións europeas. “Orzamentos que terá que elaborar o goberno do Estado Español cando se materialice o segundo rescate”, atendendo ás mesmas demandas e que Rajoy “cumprirá obedientemente”, para logo ser trasladados a Galiza se segue no goberno Feijoo.

Subliñan que en Portugal as nóminas contemplarán un IRPF, para 2013 que, de aplicarse aos salarios do Sergas, provocarán un desconto mínimo dun 32,5% para o antigo grupo E (celador/a, pinche) e até un 49% para o grupo A.

Este é o IRPF que se aplicará en Portugal:

SALARIO ANUAL

RETENCIÓN IRPF

RECARGO

TOTAL IRPF

7.000€

14.5%

4%

18.5%

7.000 A 20.000 €

28.5%

4%

32.5%

20.001 a 40.000 €

37%

4%

41%

40.001 a 80.000 €

45%

4%

49%

+ de 80.000 €

48%

4% + 2.5%

55%

Ante isto, aseguran que de seguir o camiño de Portugal, como todo parece indicar, se producirá non un recorte salarial, senón “unha incautación legal do noso salario”. Por iso chaman a evitalo e a “votar para botalos”.

cig.prensa@galizacig.com