Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 19/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Comité de Privilege continúa coa rolda de contactos na procura de apoios para salvar a empresa e os postos de traballo

Mantiveron un encontro con representes do BNG, que lles trasladaron o seu apoio e subliñaron a necesidade de que sexa o persoal quen se faga co control da factoría
O Comité de Privilege Advanced Surfaces mantivo na mañá deste venres un encontro cunha representación do BNG para exporlle a situación na que se atopa a empresa e as xestións realizadas polos traballadores/as para facerse co control da mesma e salvar os empregos. No encontro, a representación do BNG trasladoulle todo o seu apoio e a necesidade de que o centro de control da factoría estea en Ferrolterra.

No encontro, que se realizou nas instalacións da empresa, participaron membros do Comité de Empresa e  por parte do BNG asistiron Fernando Branco Parga, Parlamentario, candidato e responsábel de industria do BNG, Mercedes Tobío e Manuel Polo candidatos ao parlamento galego e Pablo Villamar Portavoz municipal do BNG de Narón.

Os traballadores/as expuxéronlle a actual situación na que se atopa a empresa, á espera da resolución da oferta presentada polo persoal para quedarse coa empresa dentro do concurso de acredores.

Por parte dos representantes do BNG, explicaba o Presidente do Comité, Emilio Casas, trasladouse “todo o apoio dentro do concurso de acredores así como o apoio para o desenvolvemento da actividade da empresa unha vez esta saía do concurso de acredores e estea en mans dos traballadores”.

Neste senso, valorouse por ambas partes da necesidades que sexan os propios traballadores e traballadoras quen se faga co control da empresa, xa que así o centro de decisión estaría en Ferrolterra e “non nas mans dos Italianos. Isto suporía suporía situar o centro de decisión fora da nosa comarca e do noso país”.

Unha vez máis, a representación do persoal amosou a súa preocupación  ante a oferta presentada polos fillos da familia Godi, donos do grupo italiano que levou a Privilege a actual situación. Oferta que, desconfían, “non é para seguir coa actividade senón para levar a maquinaria e así conseguir o peche de Privilege”.

cig.prensa@galizacig.com