Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 19/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as públicos/as escenifican en Vigo “a morte dos servizos públicos” cun velorio nocturno

A protesta incluíu cortes de tráfico e unha concentración diante de Facenda e dos Xulgados, nunha xornada na que tamén houbo protestas en diferentes puntos do País
Máis de 200 empregados/as públicos de Vigo mobilizáronse este xoves para escenificar “a morte dos servizos públicos” cun velorio nocturno. A protesta, convocada para denunciar a política de recortes que está a aplicar o PP nos Gobernos español e galego, incluíu cortes de tráfico e unha concentración diante dos edificios de Facendo e dos Xulgados.

Os asistentes ao “velorio reivindicativo” iniciaron a marcha polas rúas Coruña e Lalín até Praza América tras a concentración diante de Facenda vestidos con roupa negra e portando velas e cirios. Diante deles, un cadaleito de cartón coa inscrición “R.I.P. Función pública”.

Ao remate da protesta deuse lectura a un manifesto no que se reclaman uns servizos públicos de calidade e se insta ao novo goberno galego que saia tras as eleccións do domingo a dar “un cambio de rumbo” ás actuais políticas que se están a aplicar coa escusa da crise económica.

Xornada de protestas

Na xornada do xoves as protestas dos empregados e empregadas públicos estendéronse tamén polos distintos centros de traballo da administración de todo o País en forma de manifestacións, concentracións e accións reivindicativas. Con estas protestas queren trasladar o rexeitamento xeneralizado que existe contra os recortes sociais, laborais e salariais impostos polos Gobernos do PP e ao mesmo tempo defender a necesidade duns servizos públicos que manteñan o seu carácter público e que cualidade.

cig.prensa@galizacig.com