Entre as demandas presentadas pola CIG-Ensino e apoiadas polos máis de 8.125 profesores e profesoras salientan:
1. Redución das rateos: máximo 15 alumnos/as en Infantil e 20 en Primaria e ESO. Contabilización dos repetidores para formar os grupos; redución das rateos nas aulas que escolarizan alumnado con necesidades educativas especiais.
2.Dotación de administrativos/as en todos os centros de Educación Infantil e de Primaria, ampliación nos outros centros e dotación de coidadores/as onde sexa necesario.
3.Medidas e recursos necesarios para mellorar a calidade do ensino e reducir a conflitividade e o fracaso escolar: maior redución horaria para os/as titores/as, facilitar os desdobres, ampliar e reforzar a orientación escolar, dotar os centros de educadores/as sociais onde sexa necesario, ampliar os cadros de persoal nos centros para garantir a atención personalizada, a atención á diversidade e o reforzo educativo.
4.Dereito indefinido a xubilarse anticipadamente. Mellora da gratificación para acollerse á xubilación anticipada.
5.Redución do horario lectivo aos/ás maiores de 55 anos.
6.Dereito a formarse dentro do horario lectivo.
7.Dereito á revisión anual de saúde para todos e todas os/as docentes.
Para a CIG-Ensino sería totalmente inxustificábel e inaceptábel que se rexeiten as demandas totalmente xustas de máis de 8.000 profesores, non arbitrando as medidas e investimentos necesarios para que durante este curso se negocien e efectivicen estas reivindicacións fundamentais para avanzar na mellora da calidade do ensino. Con ese obxectivo, solicitaron tamén unha entrevista, coa maior brevidade posíbel.