Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/12/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Nova lei de Montes: cara onde imos?

A CIG presenta as alegacións presentadas na 8ª Feira Ecolóxica 2011 (Terractiva)
Este domingo 18 de decembro tivo lugar en Arzúa, dentro do programa da "8ª Feira Ecolóxica 2011" (TERRACTIVA) unha mesa redonda baixo o título "A nova Lei Galega de Montes: Cara onde imos?" na que participaron como organizacións convidadas a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, a Federación Rural Galega e a nosa Central Sindical.

En nome da CIG interveu o Secretario Confederal de Medio Ambiente, Anxo Pérez Carballo, que deu conta das alegacións feitas polo sindicato nacionalista ante a Dirección Xeral de Montes e as aportacións presentadas no Consello Económico e Social.

Así mesmo, denunciou os graves prexuízos que podería representar para o noso país, de chegar a aprobarse a Lei nos termos nos que está na actualidade, tanto a nivel ambiental, como social, económico, cultural e patrimonial.

Pérez Carballo animou á sociedade galega a loitar por cambiala nos aspectos máis negativos e por chegar a acadar unha norma vertebradora que poña en valor o monte galego e sexa respectuosa coa nosa riqueza histórica e natural, ao tempo que beneficiosa coa economía produtiva e integrada.

cig.prensa@galizacig.com