Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/2/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Os traballadores e traballadoras do 112 foron "invitados" a abandonar o interior do recinto ferial.

Novas mobilizacións do persoal do 112 en demanda dun acordo definitivo sobre as súas condicións de traballo

Continúan as protestas en todos os actos nos que participa Pérez Touriño
Os traballadores e as traballadoras do CAE 112 continúan a súa campaña de mobilizacións a prol de acadar un acordo definitivo que permita a estabilidade das súas condicións de traballo. O persoal está “acompañando” a Emilio Pérez Touriño nos actos da campaña electoral con pancartas reivindicativas, nos últimos días estiveron xa en Vilagarcía, Cangar e O Grove.
o persoal do 112 mostrou a súa faixa reivindicativa no interior do recinto de Fexdega, en Vilagarcía, onde Pérez Touriño ofrecía un mitin.

A principal reivindicación do persoal do CAE 112 pasa polo recoñecemento do dereito de subrogación, que dotaría aos traballadores e traballadoras do servizo de emerxencias dunha maior estabilidade laboral. Non obstante, a Xunta négase sistematicamente á recoñecer este dereito, e, en consecuencia, a empresa que xestiona o servizo non quere asinar ningún documento co persoal, a pesar de que existe un acordo completo en moitos puntos cos traballadores/as.

O persoal do CAE 112 acordou en asemblea estar presente en todos os actos da campaña electoral nos que participe Pérez Touriño, como medida de presión para axilizar a solución a un conflito que se vén arrastrando dende hai moito tempo.

Máis información en 112enloita.blogspot.com

Novas relacionadas

cig.prensa@galizacig.com