Durante máis de dúas horas de novo os chifres, os berros continuos, mesmo potas e culleres batían ben forte fronte a un cordón policial á entrada do Alcampo de Coia. Asi, unha nova mobilización, numerosa e ruidosa, volvia deixar ben claro o rexeitamento total dos traballadores e traballadoras do sector Servizos a estes despedimentos.
Na defensa do convenio
"Que non nos rouben o noso convenio", foi outro dos lemas máis escoitados, en referencia á non subrogación que a fundación Amil Lago, centro especial de emprego, non realizou, e por iso provocaron estes despedimentos.
Presenza policial abusiva
De novo, e aínda que esta era unha mobilización que contaba con autorización gubernamental, un dispositivo desproporcionado de antidisturbios chegou a rodear a mobilización, algo que desde as centrais sindicais cualificaron de "abusivo e antidemocrático".
Máis e distintas accións
Desde as centrais sindicais, anunciaron que continuarán coas mobilizacións, e que se a situación non varia, na próxima semana realizarán novas accións.