Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 19/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as do Hospital da Cruz Vermella de Vigo protagonizan un peche na Dirección Provincial do Sergas

Anuncian que agardarán resposta da Conselleira de Sanidade até o luns, e que de non atender as súas demandas realizarán un peche indefinido nestas dependencias
Uns trinta traballadores/as do hospital da Cruz Vermella de Vigo pecháronse na mañá do venres 19 de febreiro na dirección provincial do Sergas, na rúa García Barbón, en Vigo para exixir unha reunión ou unha resposta da conselleira Pilar Farjas para abordar a cuestión do peche deste centro sanitario.Conseguiron con este peche o compromiso de que o luns terán nas súas mans un documento da Consellaria de Sanidade, en resposta as súas mobilizacións e demandas, mais xa adiantan que "nos pecharemos indefinidamente se non asume a Consellaria a súa responsabilidade na nosa situación e as repercusións que ten para as usuarias e usuarios deste centro".

O peche comezaba pouco despois das dez da mañá, e no mesmo só participaba unha parte do persoal xa que  o resto continuaba a traballar, e tiña lugar na sede da Dirección provincial do Sergas na cidade olívica.

Interlocución coa Consellaria

Carlos Puertas, delegado da CIG neste hospital, sinalou que "esta mobilización a realizamos porque o peche da Cruz Vermella é competencia da Consellaria de Sanidade, xa que o problema socio sanitario que provocará o peche deste centro, que até agora atendía a 70 persoas, sí que afecta ao Sergas, xa que tiñan un concerto e ademáis hai que buscarlle reubicación e alternativas a estes pacientes".

O persoal das dependencias en Vigo do Sergas remitiron un fax á conselleira ao longo da mañá para facerlle chegar as reivindicacións do persoal pechado.

Remate do peche

Asi, as tres da tarde remataba este peche, xa que contaron co compromiso dunha resposta da Consellaria para o luns, a través dun documento. De todos xeitos, xa anunciaron que "se a resposta volve ser de lavar as mans e dicir que non é a súa competencia, temos a firme vontade de pecharnos indefinidamente desde o luns".

Entrega de 6.000 sinaturas contra o peche

As traballadoras e traballadores do hospital da Cruz Vermella fixeron entrega na Delegación do Goberno en Vigo o xoves 18 de febreiro das máis de 6.000 sinaturas recollidos a prol de que o centro sanitario permaneza aberto e que a Xunta se faga cargo do mesmo.

O luns debaterase no pleno unha moción en contra do peche da Cruz Vermella, e de non mudar a actual situación, xa anunciaron o peche indefinido na Dirección Provincial do Sergas.

cig.prensa@galizacig.com