Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 19/4/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Mais de 10.000 persoas manifestáronse en Pontevedra contra a privatización da sanidade e pola defensa do proxecto de Montecelo

Cando a cabeceira da manifestación chegou ao edificio da Xunta a cola estaba no cruce da avenida de Vigo coa rúa Germán Adrio
"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámomos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra. Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.

"As mobilizacións nos últimos anos conseguiron que a Xunta planificase a renovación integral e a ampliación de Montecelo, con financiamento totalmente público, grazas ao consenso de todas as administracións". E serán, adiantou Filgueira, as mobilizacións sociais as que lle obrigue a esquecer "proxectos privatizadores" e a retomar a aposta por Montecelo.

Demanda de consenso

"Consenso" foi unha das principais demandas dos manifestantes. Un consenso que, tal como indicaron distintos convocantes da marcha, "iniciouse na anterior etapa de goberno do Partido Popular na Xunta, sendo conselleiro de Sanidade o actual xerente do CHOP, cando o mesmo PP que agora insiste en descartar a ampliación de Montecelo, rexeitou teimudamente construír un novo hospital nun emprazamento diferente a Montecelo".

Goberne quen goberne

Unha vez mais a cidadanía falou claro e alto «Goberne quen goberne a sanidade non se vende». A masiva resposta na manifestación demostra que o goberno do PP ten un problema serio coa súa arrogancia, e tentan volver aos tempos do "ordeno e mando" por parte da dereita.

Próxima mobilización este xoves

A próxima cita na rúa será o xoves 22 na manifestación que sairá as 20h do hospital Xeral de Vigo e que rematará na Dirección Provincial do SERGAS na Av/ García Barbón.

Galería de imaxes

cig.prensa@galizacig.com