Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Clases fóra das aulas para evidenciar o rexeitamento á proposta de Bacharelato presentada pola Consellaría de Educación

O martes 20 de maio en diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza
Con esta acción a CIG-Ensino dá continuidade ás mobilizacións que, desde o 24 de abril, ven desenvolvendo xunto co profesorado afectado para conseguir que a Consellaría asuma as propostas que se teñen feito, co obxecto de que o futuro Bacharelato sexa máis laico, compensado e de maior calidade.

Para a CIG-Ensino, a consellaría está amosando, máis unha vez, a súa verdadeira faciana “antidemocrática e autoritaria”, pois a través da Directora Xeral de Ordenación e Innovación, vén de remitir o seguinte escrito: “En resposta á solicitude de entrevista coa conselleira con datas 24 e 30 de abril, infórmolle de que o borrador de decreto de Bacharelato está no proceso de trámite correspondente, despois de pasar polo órganos pertinentes cara á súa posterior remisión ao Consello da Xunta de Galicia, previo á súa publicación”. Deste xeito négase a conceder a entrevista solicitada e remite unha resposta que “se trata máis ben dunha tomadura de pelo que dunha resposta dunha Conselleira”.

Desde a CIG-Ensino reiteran a necesidade de mudar este decreto porque se fundamenta nunha visión centralista e confesional do sistema educativo, impedindo un desenvolvemento curricular propio. Por iso, coas aulas reivindicativas prevista para o martes reclámase novamente:

  1. O incremento dunha hora na carga lectiva prevista pola Consellaría nas materias de Filosofía e Cidadanía e Historia, mantendo así a distribución horaria que ten na actualidade, segundo a proposta que se achega.
  2. Un ensino laico, que a materia de relixión estea fóra do horario lectivo ordinario dos centros
  3. Que todos os centros que dispensen ensinanzas de Bacharelato deben impartir, como mínimo, dúas modalidade e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade.
  4. Que todos os centros que impartan a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía terán que ofertar todas as materias propias da súa modalidade, incluídas Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial I e II.
  5. Que todos os centros ofertarán como optativa Música, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben incluírse como optativas de oferta obrigatoria nos centros as materias de Historia e Xeografía de Galiza, Historia da Música e unha materia optativa vinculada á Educación Física.
  6. A dotación suficiente de profesorado en todos os centros para que o alumnado que non ten que repetir curso completo, non comporte incrementar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as.

Os centros nos que se desenvolverá esta actividade son:

A Coruña: IES Rafael Dieste (Ética); IES Menéndez Pidal (Zalaeta)

A Estrada: IES García Barros; IES Losada Diéguez.

Baio: IES Maximino Romero de Lema

Betanzos: IES Francisco Aguiar

Burela: IES Monte Castelo, IES María Sarmiento

Carballo: IES Parga Pondal, IES Alfredo Brañas

Cervo: IES Marqués de Sargadelos

Ferrol: IES Concepción Arenal, IES Sofía Casanova, IES Marqués de Suances, IES Saturnino Montojo, IES Fernando Esquío

Foz: IES de Foz

Lalín: IES Laxeiro, IES Ramón María Aller

Lugo: IES Leiras Pulpeiro

Noia: IES Campo de San Alberto

Melide: IES de Melide

Padrón: IES Camilo Xosé Cela

A Pobra: IES A Pobra

O Porriño: IES Ribeira do Louro

Pontevedra: IES Valle Inclán, IES Torrente Ballester

Sarria: IES Xograr Afonso

Santiago: IES Xelmírez II, IES Eduardo Pondal, IES Rosalía de Castro

Tomiño: IES de Tomiño

Tui: IES Francisco Sánchez

Vigo: IES San Tomé, IES Coruxo, IES de Teis, IES Ricardo Mella, IES Rosais II, IES Santa Irene

Vilalba: IES Basanta Silva

 

cig.prensa@galizacig.com