A candidatura da CIG logrou 222 votos e obtivo 9 delegados/as, CGT (até estas eleccións primeira forza) sumou 156 votos e 6 delegados, CCOO tivo 110 votos e 5 representantes e por último a UGT tivo 77 votos e 3 delegadas.
A CIG entrou en Unísono nas primeiras eleccións sindicais fai catro anos con 49 votos logrando 2 delegadas de 9. Posteriormente, en maio de 2007 houbo novas eleccións por ampliación do Comité en 4 delegadas, conseguindo a CIG 53 votos e 1 delegada, polo que o resultado actual, sinalan dende a CIG-Banca, “é un salto cualitativo e cuantitativo tanto en número de votos como en representación”.
A Sección Sindical da CIG avaliou como moi positivo os resultados e agradeceu a todas as traballadoras e traballadores de Unisono CRM -Vigo o apoio recibido tanto durante a campaña e a confección da candidatura, como nas propias eleccións.