Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as da Fundación USC Deportiva van á folga para exixir información sobre o plan de viabilidade

Concentráronse até as 12:30 horas na praza do Obradoiro e continuaron en folga durante a tarde, das 18:00 ás 21:00 horas
Os traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva foron na xornada deste xoves á folga ao non chegar a concretarse ningunha das súas demandas na mesa de negociación celebrada onte. A folga levouse a cabo entre as 10:00 e as 13:00 horas e continuou pola tarde, entre as 18:00 e as 21:00 horas. Alén diso, concentráronse na Praza do Obradoiro, diante do reitorado da Universidade de Santiago, para exixir que a fundación informe dos contidos do plano de viabilidade que prevé unha redución de traballadores e de actividades deportivas.

Os traballadores e traballadoras denunciaron ademais que máis da metade do cadro de persoal da Fundación está contratada en fraude de lei e que a Universidade e a dirección da fundación están a elaborar un plano de viabilidade que prevé reorganizar esta última, malia o que non se permite aos traballadores/as sequera coñecer ese plano de viabilidade.

Todo apunta, indican, a que nese plano de viabilidade o que se pretende facer realmente é reducir o número de traballadores/as e as actividades deportivas, nomeadamente aquelas que a Universidade non considera rendíbeis.

Por iso os traballadores/as acordaron convocar finalmente a folga, logo de que a dirección da Fundación se comprometera a informar, o pasado mércores 18 de maio, pero non dera ningunha información na xuntanza mantida.

Aseguran sentirse enganados e piden desculpas aos usuarios/as das instalacións deportivas, aos que solicitan que entendan as súas xustas reivindicacións.

cig.prensa@galizacig.com